Por fin haberá aparcadoiro na Praia das Catedrais para evitar os colapsos dos turistas nas vacacións

Agora rematamos o expediente e o seguinte paso é envialo á Xunta de Galicia para que nos autorice a expropiación.

Coches en busca de aparcamento na praia das Catedrais / Concello de Ribadeo

O pleno extraordinario e urxente, celebrado este venres no Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade o proxecto expropiatorio para a creación dun aparcadoiro na praia de As Catedrais. Agora será remitido á Xunta de Galicia.

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que que queda por diante unha tramitación administrativa, que se vai demorar, aínda que agarda que sexa “o menos posible”. “Queremos sometelo agora á consideración do pleno posto que é o órgano competente para darlle o visto e prace a esta tramitación administrativa para que poida continuar”, dixo.

O rexedor destacou que o pleno da Corporación hai un tempo aprobou inicialmente este proxecto expropiatorio para o aparcadoiro de Augas Santas e someteuse ao que marcan en rigor as normas: exposición pública, notificación aos afectados, período de alegacións, no que houbo tres, que foron informadas polos técnicos, tanto os arquitectos como os xurídicos. “Agora rematamos o expediente e o seguinte paso é envialo á Xunta de Galicia para que nos autorice a expropiación porque a administración local pode executar expropiacións, pero ten que ter os mandatos autonómicos para facelo”, engadiu.

Tamén foron aprobados un suplemento de crédito para a realización de diferentes actuacións tanto na vila como nas parroquias e unha transferencia de crédito entre partidas de distinta área de gasto.

Na sesión o Suárez Barcia pediu desculpas. “Vaia por diante a desculpa, se alguén se sinte molesto por convocar un pleno en agosto, aínda que é un mes como outro calquera, por convocalo pola mañá, que non é o costume pero está dentro da legalidade, e a motivación é tecnicamente necesaria para non demorar máis estes asuntos”,concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here